
Acerca de Mapas
Se o dispositivo ten mapas dispoñibles ou está inserida
unha tarxeta de memoria, pode exploralos sen dispoñer
dunha conexión á Internet. Se consulta unha zona que non
está incluída nos mapas xa descargados no dispositivo, o
mapa da zona descárgase automaticamente da Internet. É
posible que se lle solicite que seleccione un punto de
acceso para empregar coa conexión á Internet.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de
grandes cantidades de datos a través da rede do
fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos para obter información acerca das
tarifas de transmisión de datos.
Tamén pode utilizar o software de PC Nokia Map Loader
para descargar mapas ao dispositivo. Para instalar Nokia
Map Loader nun PC compatible, visite a páxina
www.nokia.com/maps.
50 Aplicacións

Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Mapas
e entre as
seguintes:
Último mapa — Permite abrir o último mapa amosado.
Buscar enderezo — Permite buscar un enderezo
concreto.
Situac. gardadas — Permite atopar unha localización
gardada no dispositivo.
Últim. situacións — Permite ver as localizacións
exploradas.
Posición actual — Permite ver a súa localización actual,
se dispón dunha conexión GPS dispoñible.
Planificar ruta — Permite planificar unha ruta.
Servizos extra — Permite adquirir unha licenza para a
navegación.
Axustes — Permite definir os axustes.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está
incompleta ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía
descargada para utilizarse neste dispositivo.