
Navegar ata o seu destino
Pode actualizar a aplicación Mapas a un sistema de
navegación completo para utilizalo no coche ou a pé.
Precisa unha licenza rexional para o sistema de navegación
completo e un receptor GPS compatible. A navegación en
coche está guiada completamente por voz con vistas dos
mapas bidimensionais e tridimensionais. A navegación de
peóns está limitada a unha velocidade de 30 km/h e non
está guiada por voz. O servizo de navegación non está
dispoñible para todos os países e rexións. Para obter máis
detalles, consulte a páxina web local de Nokia.
54 Aplicacións

Adquirir unha licenza para a navegación
Seleccione
Servizos extra
. A licenza é específica para unha
rexión e pode utilizarse só nunha zona seleccionada.
Navegación ata o destino desexado
1 Seleccione
Planificar ruta
e cree unha ruta.
2 Seleccione
Opcións
>
Amosar ruta
>
Opcións
>
Iniciar navegación
.
3 Acepte o descargo de responsabilidade amosado.
4 Seleccione o idioma para a orientación por voz, se se
lle solicita.
Se se desvía da ruta establecida, o dispositivo planificará
unha nova ruta automaticamente.
Repetir a orientación por voz
Seleccione
Repetir
.
Silenciar a orientación por voz
Seleccione
Opcións
>
Silenciar audio
.
Deter a navegación
Seleccione
Deter
.
Aplicacións 55

Navegación a pé
Seleccione
Axustes
>
Axustes de ruta
>
Selección de
ruta
>
A pé
. Isto optimiza as rutas creadas para a
navegación a pé.