
Nokia Map Loader
Grazas á aplicación Nokia Map Loader para PC, pode
descargar mapas e ficheiros de orientación por voz da
Internet. Cómpre inserir no dispositivo unha tarxeta de
memoria con espazo suficiente. Cómpre utilizar a
Aplicacións 51

aplicación Mapas e explorar mapas polo menos unha vez
antes de empregar Nokia Map Loader, xa que emprega a
información do historial de Mapas para comprobar que
versión dos mapas desexa descargar.
Para instalar Nokia Map loader, visite a páxina
www.nokia.com/maps e siga as instrucións.
Descargar mapas con Nokia Map Loader
1 Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un cable
de datos USB compatible ou a conexión Bluetooth. Se
utiliza un cable de datos, seleccione PC Suite como
método de conexión USB.
2 Abra Nokia Map Loader no ordenador.
3 Seleccione un continente e un país ou rexión.
4 Seleccione os mapas ou servizos e descárgueos e
instálelos no dispositivo.
Na ficha Servizo de Nokia Map Loader pode adquirir
licenzas de navegación e información de tráfico, guías de
viaxes e descargar mapas.