Radio FM
A radio FM utiliza unha antena distinta da antena sen fíos
do dispositivo. Para que a radio FM funcione
correctamente, cómpre dispoñer dun ML portátil ou un
accesorio compatible conectado ao dispositivo.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de volume pode
danar a súa capacidade auditiva. Escoite música a un
volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do seu
oído co altofalante activado.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Radio
ou, na pantalla
de inicio, manteña premido *.
Para buscar unha emisora próxima
Manteña premida a tecla de desprazamento cara á
esquerda ou á dereita.
46 Aplicacións
Para gardar unha emisora
Sintonice a emisora desexada e seleccione
Opcións
>
Gardar emisora
.
Para alternar entre emisoras gardadas
Desprácese á esquerda ou á dereita para alternar entre
emisoras ou prema a tecla numérica correspondente á
localización na memoria da emisora desexada.
Para axustar o volume
Desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Para deixar a radio funcionando en segundo plano
Prema a tecla Fin.
Para pechar a radio
Manteña premida a tecla Fin.