
Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio (GPRS) é un servizo de
rede que permite aos teléfonos móbiles enviar e recibir
datos pola rede baseándose no protocolo IP de internet.
Configuración 37

Para definir cómo empregar o servizo, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conex. paq. datos
e escolla entre as seguintes opcións:
Se cómpre — para establecer a conexión de paquetes de
datos cando unha aplicación o necesite. Cando a aplicación
remata, péchase a conexión.
Sempre en liña — para conectarse automaticamente a
unha rede de paquetes de datos ao acender o teléfono
Pode usar o teléfono como un módem conectándoo a un
ordenador compatible mediante a tecnoloxía Bluetooth.
Para obter máis detalles, consulte a documentación de
Nokia PC Suite.