
Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o seu dispositivo
mediante ondas de radio a un dispositivo Bluetooth
compatible ou a un accesorio situado a menos de 10
metros (32 pés).
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Configurar unha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Nome do meu tlf.
e insira un nome para o
dispositivo.
2 Seleccione
Bluetooth
>
Activado
. indica que a
conectividade Bluetooth está activa.
Configuración 35

3 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son,
seleccione
Conex. a acc. audio
e o dispositivo ao que
desexa conectarse.
4 Para emparellar o seu dispositivo con calquera
dispositivo Bluetooth que se atope dentro da zona de
alcance, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir
novo disp.
.
Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
Insira un código de acceso (de 16 caracteres como
máximo) no seu dispositivo e permita a conexión no
outro dispositivo Bluetooth.
Se lle preocupa a seguridade, desactive a función Bluetooth
ou axuste
Visibilid. do meu tlf.
en
Oculto
. Acepte a
comunicación Bluetooth unicamente con dispositivos
fiables.
Conectar o ordenador á Internet
É posible utilizar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un
ordenador compatible á Internet sen empregar o software
PC Suite. O seu dispositivo debe ser capaz de conectarse á
Internet (servizo de rede) e o ordenador debe ser
compatible coa tecnoloxía Bluetooth. Despois de
conectarse ao servizo de punto de punto de acceso á rede
(NAP) do dispositivo e de emparellarse co seu ordenador,
36 Configuración

o dispositivo abre automaticamente unha conexión de
paquetes de datos á Internet.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.1
+ EDR que admite os seguintes perfís: Dial-up Networking
Profile (DUN) FileTransfer Profile (FTP) General Access
Profile (GAP) Generic Object Exchange Profile (GOEP)
Handsfree Profile (HFP) Headset Profile (HSP) Object Push
Profile (OPP) Phonebook Access Profile (PBAP) Serial Port
Profile (SPP) Service Discovery Application Profile (SDAP)
SIM Access Profile (SAP) . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan
de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase en contacto cos
fabricantes dos outros dispositivos para obter información
sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan
o consumo de enerxía e reducen a duración da batería.