Aforro de enerxía
Unha vez cargada totalmente a batería e desconectado o
teléfono do cargador, desenchufe o cargador da toma de
corrente.
Para evitar cargar a batería tan a miúdo, faga o seguinte:
•
Peche e desactive as aplicacións, servizos e conexións
cando non as utilice.
•
Reduza o brillo da pantalla.
•
Configure o teléfono para que entre en modo de aforro
de enerxía tras un período mínimo de inactividade,
sempre que o seu teléfono dispoña desta función.
•
Desactive os sons innecesarios, como os do teclado e
chamada.