Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude
superior ao límite para as mensaxes simples. As mensaxes
que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha
tarifa correspondente ao número de mensaxes enviadas.
Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación,
ou algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número
de caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Visualízase o número total de caracteres restante e o
número de mensaxes necesario para realizar o envío.
Para enviar mensaxes, cómpre dispoñer do número do
centro de mensaxes correcto no dispositivo. Normalmente,
este número axústase de xeito predeterminado mediante
a tarxeta SIM.
Para axustar o número manualmente, leve a cabo o
seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Máis
>
Axustes
mensaxe
>
Mensaxes de texto
>
Centro de
mensaxes
.
2 Insira o nome e o número proporcionados polo seu
fornecedor de servizos.
Enviar mensaxes 23