
Mensaxes multimedia
Unha mensaxe multimedia pode conter texto, imaxes, sons
e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles
poden recibir e visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en función do
dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes
MMS. Se a imaxe inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa
que é posible que conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Se desexa obter información sobre a dispoñibilidade e a
subscrición ao servizo de mensaxería multimedia (MMS),
póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.