
Instrucións de autenticación das baterías de Nokia
Utilice sempre baterías orixinais de Nokia pola súa seguridade. Para asegurarse de
que está a mercar unha batería orixinal de Nokia, mérquea nun distribuidor ou nun
centro de servizo técnico autorizado de Nokia, e leve a cabo os seguintes pasos para
comprobar se presenta a etiqueta co holograma:
A correcta realización dos pasos indicados non garante totalmente a autenticidade
da batería. Se ten razóns para pensar que a batería non é unha batería auténtica e
orixinal de Nokia, non a utilice e envíea a un distribuidor ou ao centro de servizo
técnico máis próximo de Nokia para recibir asistencia. En caso de que non sexa
posible, devolva a batería ao establecemento de compra.
Información do produto e de seguridade 61