Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser
tratado con coidado. As seguintes suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da
garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de
líquidos poden conter minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e
agarde a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que
poderían producirse danos nas súas pezas móbiles e nos compoñentes
electrónicos.
•
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As temperaturas elevadas poden
reducir a vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e deformar
ou derreter determinados plásticos.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa
temperatura normal, é posible que se forme humidade no interior do mesmo
e que se produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir
a rotura das placas dos circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin
deterxentes concentrados para limpar o dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o
funcionamento axeitado.
Información do produto e de seguridade 63
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo
fabricante. A utilización de antenas, modificacións ou accesorios non
autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso
de dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os
contactos e as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo,
apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a
calquera accesorio. Se o dispositivo non funciona correctamente, envíeo ao centro de
servizo técnico autorizado máis próximo.