Entorno operativo
O dispositivo cumpre coas directrices de exposición a radiofrecuencia cando se
unha pinza para o cinto ou un soporte para utilizar o produto pegado ó corpo, estes
non deberán conter ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á distancia
indicada anteriormente.
Para transmitir ficheiros de datos ou mensaxes, o dispositivo require unha conexión
de calidade á rede. Nalgúns casos, a transmisión de ficheiros de datos ou mensaxes
pode retrasarse ata que estea dispoñible a conexión. Asegúrese de respectar as
instrucións sobre a distancia de separación indicadas anteriormente ata completar a
transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible que os materiais metálicos
sexan atraídos polo dispositivo. Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes
de almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é posible que se elimine a
información almacenada neles.