
Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de exposición ás ondas de radio.
68 Información do produto e de seguridade

O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está deseñado para non
superar os límites de exposición ás ondas de radiofrecuencia recomendadas polas
directrices internacionais. O organismo científico independente ICNIRP desenvolveu
estas directrices, que inclúen marxes de seguridade deseñadas para garantir a
protección de todas as persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles empregan unha unidade de
medición coñecida como o Índice de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR
exposto nas directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR lévanse a cabo utilizando
posicións de funcionamento estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de
enerxía máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel de SAR real dun
dispositivo en funcionamento pode estar por debaixo do valor máximo debido a que
o dispositivo está deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse coa
rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número de factores, como a que
distancia se atopa dunha estación base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de ICNIRP para utilizar o
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición de diferentes valores de
SAR. Os valores de SAR poden variar dependendo das necesidades de información e
probas nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información de SAR adicional,
consulte a sección de información do produto da páxina web www.nokia.com.