
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto,
ou se non está seguro do funcionamento do seu teléfono,
consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en
www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o
Información xeral
9

seu país. Se prefire facelo dende o teléfono móbil, visite
www.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a
batería. Pasado un minuto, volva a colocar a batería e
acenda o teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo
indicado na guía de usuario.
•
Actualice o software do seu dispositivo con
regularidade para obter un rendemento óptimo e
posibles funcións novas, como se explica na guía de
usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto
con Nokia para obter información acerca doutras opcións
de reparación. Consulte www.nokia.com/repair. Antes de
enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de
seguridade dos datos do teléfono.