Nokia 7020 - Códigos de acceso

background image

Códigos de acceso

O código de seguridade axuda a protexer o seu teléfono

contra o uso non autorizado. Pode crear e cambiar o

código, así como configurar o teléfono para que o solicite.

Garde o código secreto nun lugar seguro, non no teléfono.

8

Información xeral

É posible que as seguintes funcións do dispositivo

compartan memoria: mensaxería multimedia (MMS),

aplicación de correo electrónico, mensaxería instantánea,

remoto. A utilización dunha ou máis destas funcións pode

reducir a cantidade de memoria dispoñible para o resto de

funcións. Se o dispositivo amosa unha mensaxe na que se

indica que a memoria está chea, elimine parte da

información que se atopa almacenada na memoria

compartida.

background image

Se esquece o código estando o teléfono bloqueado,

precisará dun servizo, o que pode supoñer cargos

adicionais. Para obter máis información, póñase en

contacto con Nokia Care ou co seu distribuidor de telefonía.
O código PIN facilitado coa tarxeta SIM protexe a tarxeta

contra o uso non autorizado. O código PIN2 facilitado con

algunhas tarxetas SIM é necesario para acceder a

determinados servizos. Se introduce o código PIN ou PIN2

incorrectamente tres veces seguidas, pediráselle o código

PUK ou PUK2. Se non os ten, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos.
O PIN do módulo é preciso para acceder á información do

módulo de seguridade da tarxeta SIM. O PIN de sinatura

pode ser necesario para a sinatura dixital. O contrasinal de

restrición é preciso cando se usa o servizo de restrición de

chamadas.
Para determinar o xeito no que o teléfono empregará os

códigos de acceso e os axustes de seguridade, seleccione

Menú

>

Axustes

>

Seguridade

.