
Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos
dun fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións non
se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para
poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer
acordos específicos co seu fornecedor de servizos. Os
servizos de rede implican a transmisión de datos.
Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles verbo
de tarifas na súa rede propia ou durante a itinerancia
noutras redes. Este pode explicarlle os importes que lle
serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes
teñan limitacións que afecten ao modo en que se poden
Información xeral
7

utilizar algunhas funcións deste dispositivo que requiran
soporte da rede, como soporte para tecnoloxías específicas
como os protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan
en protocolos TCP/IP e caracteres dependentes dos
idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas funcións
no dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que
o dispositivo dispoña de elementos personalizados como