Verbo do dispositivo
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou
ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros
e que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios
non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que
Nokia non asumirá ningunha responsabilidade
correspondente a eles. Se accede aos sitios mencionados,
tome as precaucións necesarias relacionadas coa
seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do
espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda
o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible
que as leis de protección dos dereitos de autor non
6
Información xeral
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está
aprobada en redes GSM 850, 900, 1800, 1900 MHz . Póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis
información acerca das redes.
autoricen a copia, modificación ou transferencia
dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo,
lea a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das
que aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información
importante acerca do dispositivo.