Auriculares
Aviso:
Cando utilice os auriculares, é posible que a súa capacidade
para escoitar sons do exterior se vexa afectada. Non utilice
os auriculares en situacións nas que se poida poñer en risco
a súa seguridade.
Cando conecte un dispositivo externo ou uns auriculares
distintos dos autorizados por Nokia para utilizalos con este
dispositivo ao conector AV de Nokia, preste atención
especial ao nivel do volume.
Non conecte produtos que poidan emitir sinais de saída,
xa que poderían producirse danos no dispositivo. Non
conecte ningunha fonte de tensión ao conector AV de
Nokia.
14 Primeiros pasos