
Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o
dispositivo indica que a batería dispón de pouca carga, siga
estes pasos:
1 Conecte o cargador á toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando o dispositivo indique que a batería se atopa
completamente cargada, desconecte o cargador do
dispositivo e logo da toma da parede.
12 Primeiros pasos

Non é necesario cargar a batería durante un período de
tempo específico e pode utilizar o dispositivo durante o
proceso de carga. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.