
Web ou Internet
Pode acceder a varios servizos de Internet co navegador do
seu teléfono. A presentación das páxinas web pode variar
segundo o tamaño da pantalla. Pode que non vexa todos
os detalles das páxinas web.
Dependendo do teléfono, é posible que a función de
navegación web aparezca no menú como Web ou Internet,
denominada en diante Web.
Importante: Utilice só servizos fiables e que ofrezan
seguridade e protección axeitada contra software daniño.
Para coñecer a dispoñibilidade destes servizos, os prezos
e as instrucións, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Pode recibir os parámetros de configuración necesarios
para navegar como unha mensaxe de configuración do seu
fornecedor de servizos.
56 Web ou Internet